CRTVG

Buscar

O Sergas tece unha rede de seguimento a través dos datos electrónicos dos cidadáns

Publicado o 10/08/2020 10:38

Os médicos galegos contan cunha nova ferramenta na loita contra o virus da COVID-19. Poderán consultar na historia electrónica a información sobre os contactos relacionados cos seus pacientes.

Trátase dunha rede integral de seguimento do virus que se reflicte nos datos electrónicos de cada cidadán. Os facultativos poderán monitorar nela non só os doentes da COVID-19 tal e como viñan facendo, senón que disporán da mesma información sobre os casos sospeitosos e os contactos estreitos relacionados con el.

Un procedemento que permite actuar con maior celeridade. Unha vez detectados eses contactos, entran en acción os enfermeiros encargados de facer as probas PCR. Imos coñecer o seu traballo. Traballo que realizan en puntos fixos pero tamén hai grupos que se desprazan aos domicilios.

Explícannolo no Bos días persoal dos dous equipos. Marta Romero, que está no punto fixo do hospital Santa María Nai de Ourense, e Antonio Tomás, que é un enfermeiro que forma parte dun equipo que se despraza aos domicilios dos doentes.

Noticias web

10/08/2020