CRTVG

Buscar

Os restos humanos achados en Santander pertencen a unha moza guatemalteca desaparecida en agosto

Publicado o 22/09/2020 12:41

Identificados os restos humanos atopados o xoves nun descampado de Santander. Trátase de Nancy Paola Reyes García, unha muller de orixe guatemalteca desaparecida dende agosto. Tiña 28 anos e foi despezada.

A Policía Nacional cre que foi vítima da violencia machista. A súa parella, un home de nacionalidade colombiana de 28 anos, foi detido tras a desaparición e permanece en prisión preventiva.



 

Noticias web

22/09/2020