CRTVG

Buscar

Os restaurantes tradicionais adáptanse aos novos tempos e aos códigos QR

Publicado o 16/06/2020 15:30

Apenas pasaron tres meses e aínda andamos cos ollos coma pratos. Experimentando os novos xeitos de volver ao noso restaurante favorito nun mundo cambiante. Déronnos de cheo termos como take away, delivery, food truck.. e invadíronnos os códigos QR. Un código de barras bidimensional cadrada que, entre outras cousas, funcionan como enlace a un sitio web. Isto tan sofisticado esá pegado na mesa de calquera bar ou restaurante. A dixitalización chegou a moitas tabernas que se adaptan á era poscovid.

Os códigos QR forman parte do novo xeito de relacionarnos e protexernos. Permiten agregar imaxes, informacion sobre os pratos ou para facer unha reserva. Pero aínda hai lugares coma esta taberna de Crecente en que o galo, o cocido ou ou chourizo saben ao de sempre. A cociña é de leña, non hai códigos QR e os clientes chegan sós.

A seguridade, a desinfección, as máscaras viñeron para quedar. Pero aínda andan ás veces arredor das potas de sempre. Tamén a dixitalización está aquí e, forzada ou non, evita contactos entre persoas ou entre persoas e obxectos. Aquilo de "páseme a carta" xa non funciona. No novo mundo cada quen mira o seu teléfono móbil e decide.

Noticias web

16/06/2020