CRTVG

Buscar

Os restaurantes galegos comezan a pedir unha fianza para evitar reservas falsas

Publicado o 25/09/2019 16:38
Os restaurantes galegos comezan a pedir unha fianza para evitar reservas falsas

Coller sitio neste estrela Michelin é misión case imposible durante o verán. Teléfonos que soan sen parar, lista de espera e clientes que quedan fóra para deixarlles sitio a outros que, cada vez máis, nin se presentan nin cancelan a tempo. 

Yayo Daporta, restaurante Yayo Daporta: "É unha perda moi grande para a empresa e para os clientes que todos os días chaman para buscar unha mesa e non teñen sitio"

Así que no outono aquí comezarán a pedir o número de tarxeta como garantía, tal e como se fai coas reservas hoteleiras. Só lles cobrarán fianza aos que non cancelen con marxe.

Yayo Daporta, restaurante Yayo Daporta: "Se cancelan cunha marxe prudencial, dunhas 24 horas, a anulación non ten coste algún. Imprevistos témolos todos".

Alén xa usa o sistema no seu restaurante e asegura que paga a pena. Pasou de 25 a 2 cancelacións neste mes, malia as reticencias dalgúns clientes. 

Alén Tarrío, restaurante Pampín: "Dúas mesas botáronse atrás, no nos querían dar o número de tarxeta. Pero de 25 mesas que non aparecen a dúas que non che facilitan a tarxeta, os números seguen saíndo".

Polo momento non tivo que cobrar os 9 euros que pide de fianza a ningún cliente. Asegura que a idea non é facturar, senón evitar plantóns de última hora nas mesas do restaurante.










 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/09/2019