CRTVG

Buscar

Os restaurantes galegos aptos para persoas celíacas terán un distintivo

Publicado o 26/06/2020 15:26

Cada día son máis os restaurantes galegos que teñen menús sen glute, pero aínda hai que seguir sumando. Niso leva anos a Asociación de Celíacos de Galicia, un traballo que se fai sobre todo formando e informando. 

Agora dan un paso máis e, en colaboración coa Xunta, van recoñecer cun distintivo eses establecementos aptos para persoas celíacas. Renovarase anualmente, e a asociación encargarase de controlar que cumpren todos os requisitos.

Vai ser unha garantía de seguridade para as persoas celíacas, pero tamén, e cada vez máis, unha oportunidade de diferenciación para os hostaleiros.

O obxectivo a medio prazo era chegar aos catrocentos colaboradores, pero a crise sanitaria rebaixou as expectativas. Con todo, contan ter polo menos douscentos restaurantes aptos para celíacos antes do remate do ano.

Noticias web

26/06/2020