Esquerra Republicana ratifica o acordo para absterse na sexta prórroga do estado de alarma
Publicado o 30/05/2020 21:03
Esquerra Republicana de Cataluña pactou co PSOE unha abstención na que será a sexta e última renovación do estado de alarma. O acordo ratificouno este sábado a Permanente Nacional nunha reunión de urxencia.
O mércores absteranse na votación e, deste xeito, favorecerán a ampliación da prórroga. A cambio, os republicanos aspiran a poder decidir sobre os fondos europeos que se reciban para a reconstrución tras a pandemia ou á xestión en Cataluña da renda mínima vital.
Máis sobre actualidade
27/01/2021 09:39