CRTVG

Buscar

Os republicanos pechan filas con Trump e cancelan as primarias en nove estados

Publicado o 12/02/2020 08:24

No caso dos republicanos, as primarias convertéronse nun simple formalismo, e iso onde se producen. Nove estados, entre eles Kansas, Nevada, Arizona, Alaska ou Hawai, xa cancelaron as votacións e proclamaron candidato a Donald Trump. Outros, como Xeorxia, Wisconsin ou Minessota, vanas celebrar, pero só haberá papeletas de Trump.
En Iowa, Trump obtivo un 97% dos votos fronte ao 1% dos seus rivais Bill Weld e Joe Walsh. Ambos consideran que Trump non é apto para o cargo. Din que pon os seus intereses por riba dos da nación. Pero parece que predicaron no deserto. O martes 3 de marzo, coñecido como Supermartes, pecharase o proceso.

Noticias web

12/02/2020