CRTVG

Buscar

Os reis visitarán todas as comunidades autónomas

Publicado o 15/06/2020 20:43
Os reis visitarán todas as comunidades autónomas

Os reis comezarán o próximo 23 de xuño unha xira por todas as comunidades autónomas. Don Filipe e dona Letizia, que hoxe visitaron o Museo de Ciencias Naturais en Madrid, vanse reunir coas autoridades dos distintos territorios para coñecer de primeira man a evolución da crise da COVID-19.

Os reis tamén teñen interese en contactar con representantes da sociedade civil e dos distintos sectores económicos. Desde o inicio da pandemia, don Filipe e dona Letizia mantiveron diversos encontros para seguir de preto a crise sanitaria.

 

 

Noticias web

15/06/2020