CRTVG

Buscar

Os Reis presiden en Madrid o desfile da Festa Nacional

Publicado o 12/10/2019 15:07

O Reis, que presidiron o Desfile da Festa Nacional, chegaban sobre as 11 da mañá escoltados pola Garda Real, e acompañados pola princesa Leonor e a infanta Sofía, ata as inmediacións da tribuna de autoridades situada na praza de Lima... Alí esperábanos o presidente do Goberno en funcións e as autoridades civís e militares...
Os reis Filipe VI e dona Letizia eran recibidos con estusiasmo polo público, algo que contrastaba cos apupos a Pedro Sánchez por unha parte dos espectadores alí congregados...
Pouco despois comezaban os honores militares, co himno de España. O Rei pasaba revista ás tropas...

Antes de subir ao palco real, os reis saudaba as autoridades militares, os membros do Goberno e presidentes autonómicos... Non estiveron nin Urkullu nin Torra, tamén faltaron os líderes políticos Pablo Iglesias e Íñigo Errejón...

Pouco despois chegaba o momento da homenaxe á bandeira nacional e o seu izado.
Antes dous paracaidistas descendían coa bandeira, un deles sufría un incidente na aterraxe...

Na homenaxe aos caídos por España. Ainhoa Arteta foi a encargada de entoar "A morte non é o final"
O rei colocaba despois a tradicional coroa de loureiro en homenaxe aos caídos...

Participaban nos desfile uns 4.200 efectivos dos exércitos e a Armada, a Garda Civil, Policía Nacional, Protección Civil e Salvamento Marítimo. con 76 aeronaves e 150 vehículos. Cazas F18, avións de transporte e helicópteros sobrevoaron todo o Paseo da Castellana comezaban a exhibición aérea. Tamén participaron aeronaves do Salvamento marítimo, da Policía Nacional e da Axencia Tributaria

Tras a exhibición aérea continuaba o desfile terrestre, primeiro cos vehículos especiais do Exército de Terra, a Armada, Exército do Aire, a UME, a Garda Civil, Corpo Nacional de Policía, Salvamento Marítimo e Protección Civil
No desfile a pé... desfilaron as catro agrupacións das diferentes unidades dos Exércitos, a Armada e a Gardia Civil. Como novidade este ano, as tropas do Líbano, o Senegal, Mauritania e Malí desfilaron nun lugar preferente como países invitados.

O desfile remataba coa Patrulla Aguia que debuxaba no aire as cores da bandeira de España...

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/10/2019