CRTVG

Buscar

Os Reis Magos desfilaron por todos os recunchos de Galicia

Publicado o 05/01/2020 21:48

Galicia botouse á rúa para reverenciar ás Súas Excelentísimas Maxestades os Reis de Oriente. Paralelamente os reis, os seus axudantes, o seus séquitos ao fin, ían xurdindo como por arte de maxia en cada cidade e pobo do mundo. En Vigo, admirados polos leds, Melchor, Gaspar e Baltasar percorreron a distancia que une García Barbón e Pi e Margall, onde o alcalde lles entregou as chaves da cidade. Canda eles trece carrozas.

Na Coruña os Reis Magos rodeáronse dunha estética circense. 150 artistas, 11 compañías e 13 carrozas no desfile. Os cabalos da luz, os acróbatas, e ata o xabarín e os bolechas a bordo do bus da TVG, desfilaron a cidade herculina dende o Mirador dos Castros ata a Praza de María Pita. Ao seus pés os seguidores.

O sol e o frío, despois a noite e máis frío, unificou todas as Cabalgatas de Galicia... a de Santiago, a de Lugo, a de Ourense, Ferrol, Pontevedra. Idénticas emocións en cada unha. E a mesma ilusión de todas as nenas e os nenos de saber que despois da cabalgata virá o mellor. Despois de deitarse, esos reis que admiraron sta tarde, os mesmos que lles escupiron caramelos, deixarán en cada casa oo regalo elixido hai tempo.

Noticias web

05/01/2020