CRTVG

Buscar

Os reis homenaxean os cooperantes españois

Publicado o 08/09/2020 21:13

Hoxe celébrase o Día do Cooperante e por vez primeira os reis presiden a homenaxe aos máis de 2.600 cooperantes  que España ten repartidos en 95 países.  No acto, organizado polo Ministerio de Asuntos Exteriores, Filipe VI falou por videoconferencia con cinco responsables de axuda ao desenvolvemento. Líbano, O Salvador, Panamá, as Filipinas e Mozambique.  O rei transmitiulles a súa admiración polo seu "valioso e necesario labor" en especial nun contexto, dixo, á cooperación é fundamental para vencer a pandemia.

Noticias web

08/09/2020