CRTVG

Buscar

Os reis finalizan a súa visita a Barcelona, marcada polas protestas de grupos independentistas

Publicado o 05/11/2019 14:57

Antes de abandonar Barcelona, os reis, a princesa Leonor e a infanta Sofía asistiron aos actos programados polo décimo aniversario da Fundación Princesa de Xirona. Primeiro, a xornada O talento atrae o talento, e despois varios talleres, entre eles un contra o cambio climático, onde a familia real se dividiu en dous equipos para achegar solucións.

En público e en privado, a herdeira da coroa recibiu felicitacións polo seu dominio do catalán no discurso que onte pronunciou durante a entrega dos premios que levan o seu nome.

Unhas palabras que recibiron a grande ovación da noite polos asistentes ao acto, e que mesmo eclipsaron o discurso do rei, en que apelou á fin da violencia e da intolerancia en Cataluña. No exterior, centos de manifestantes protestaban contra a súa presenza. Varios deles intentaron impedir a entrada aos invitados, nalgúns casos con agresións e insultos. Un grupo de manifestantes queimaron fotografías do Rei nas proximidades do Palacio de Congresos, blindado polos Mossos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/11/2019