CRTVG

Buscar

Os reis asisten á entronización do emperador do Xapón

Publicado o 22/10/2019 12:40

Os reis de España asistiron á entronización do emperador do Xapón. Filipe VI e Letizia Ortiz presenciaron a solemne cerimonia no Palacio Imperial de Toquio, á que asistiron uns 2.000 invitados, entre eles representantes de outras monarquías europeas.

Con este acto rematan os principais fastos da entronización de Naruhito, que herdou o cargo do seu pai, Akihito, o pasado mes de maio. Xunto a el, a súa dona a emperatriz Masako protagonizou tamén este ritual da milenaria dinastía nipoa.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/10/2019