CRTVG

Buscar

Os reis abren hoxe a súa axenda oficial nas Baleares

Publicado o 10/08/2020 11:30

Os reis abren hoxe a súa axenda oficial nas Baleares. O coronavirus mudou a axenda habitual dos monarcas durante a súa estancia en Marivent. Don Filipe comezará a xornada reuníndose con varias autoridades no palacio da Almudaina.

Pola tarde, o rei xunto coa raíña Letizia e as súas fillas visitarán a casa natal de frei Junípero Serra, fundador de misións en Californa no século XVIII.

Será a primeira actividade de Felipe VI fóra de Zarzuela, tras a marcha do rei Xoán Carlos. Os reis realizarán, nos próximos días, actos en Mallorca, Menorca e Eivisa, para contactar cos sectores afectados pola covid-19 e trasladarlles o seu apoio. Actos en que estarán acompañados dalgún membro do Goberno.


 

Noticias web

10/08/2020