CRTVG

Buscar

Os propietarios dun piso da Coruña recuperan a vivenda aproveitando que saíran os inquilinos 'okupas'

Publicado o 09/06/2020 14:08

Como no caso do chalé da Zapateira, na rúa Benito Blanco Rajoy tamén aproveitaron que o inquilino ilegal abandonou momentanemente a vivenda ocupada para cambiar a cerradura.

Do mesmo xeito que na Zapateira, tamén se contrataran os servizos dunha empresa privada que montou un control ininterrompido de vixilancia e acceso ao inmoble. Foi así como se lles deu aviso aos propietarios no momento preciso.

A meirande parte dos veciños deste edificio teñen unha idade avanzada e seguen preocupados ante o problema. De momento manteñen as medidas de seguridade e mesmo decidiron instalar alarmas.

O pesadelo no inmoble comezou a finais do mes pasado, cando dous mozos, de menos de 30 anos, accederon a unha das vivendas do segundo piso, que estaba deshabitada. Ao parecer un deles era un vello inquilino do edificio.

Poucas horas despois de ocupar o piso, os mozos tiveron unha liorta que rematou cun deles denunciado e trasladado á comisaría pola Policía Nacional. A meirande parte dos veciños do edificio son persoas maiores, que se amosaron moi preocupados pola situación na xunta que celebraron días máis tarde. Daquela decidiron contratar os sevizos dunha empresa de seguridade privada. Como sucedeu co chalé da Zapateira, unha saída do okupa propiciou a recuperación da vivenda por parte dos propietarios.

O problema resolveuse, pero a veciñanza non baixa a garda e o control de acceso ao edificio mantense. Os veciños acordaron tamén instalar alarmas para mellorar a seguridade ante a ameaza dos okupas.

 

Noticias web

09/06/2020