CRTVG

Buscar

Os profesionais advirten de que Galicia ten un déficit de 9.000 enfermeiros

Publicado o 14/05/2019 17:30
Os profesionais advirten de que Galicia ten un déficit de 9.000 enfermeiros

O Consello Xeral da Enfermería advirte de que España ten un 40 por cento menos de enfermeiros ca a media europea, e que iso compromete a seguridade dos doentes. Son 532 profesionais por cada cen mil habitantes, fronte aos 852 da media comunitaria.

O consello calcula que serían necesarias a día de hoxe 125.000 enfermeiros para converxer con Europa. Segundo o informe, só en Galicia o déficit é de case 9.000 profesionais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2019