CRTVG

Buscar

Os produtores da Arnoia esperan chegar ata os 10.000 quilos de pementos

Publicado o 12/08/2020 14:46

Boa colleita para os produtores do pemento da Arnoia. A pesar das altas temperaturas, agardan chegar arredor dos 10.000 quilos.

O Consello Regulador deste pemento lembra aos consumidores que compren o produto con etiqueta, a única garantía de que procede realmente da Arnoia.

Nas leiras da Arnoia séguense recollendo pementos. Non houbo festa de exaltación coma outros anos, pero non hai queixa da produción.

En total son vinte os produtores que están acollidos á Indicación Xeográfica Protexida e lembran aos consumidores que merquen o pemento da Arnoia con garantías.

O presidente do Concello Regulador insiste tamén na importancia de que se sumen á Indicación Xeográfica Protexida máis agricultores novos da zona.

Na actualidade a superficie de produción achégase aos 7.000 metros cadrados, distribuídos polo concello ourensán da Arnoia e unha parroquia do de Cortegada.

Noticias web

12/08/2020