CRTVG

Buscar

Os presidentes da Comisión e do Consello europeos asinan o acordo do 'brexit'

Publicado o 24/01/2020 16:47

Achégase a data fixada para o 'brexit'. Se onte era o Parlamento do Reino Unido o que daba luz verde ao acordo de saída, esta mesma mañá a Comisión Europea e o Consello tamén asinaban ese documento que marca as pautas desta separación.

A presidenta da Comisión e o presidente do Consello Europeo asinaron en Bruxelas o acordo de retirada do Reino Unido da Unión Europea.

Estanse a dar xa os últimos pasos para un brexit que se fará realidade a finais deste mes de xaneiro. A semana que vén, o pleno do Parlamento Europeo tamén votará ese documento que marca o camiño de saída do Reino Unido.

Con todo, as negociacións para a futura relación entre as dúas partes continuarán, xa que o acordo establece un período transitorio ata finais de ano para que a ruptura se materialice.

Unha prórroga que, que se as dúas partes o acordan, aínda podería estenderse.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020