CRTVG

Buscar

Os policías xemelgos recrean o itinerario do día da morte do compañeiro

Publicado o 25/01/2020 20:40

Os policías xemelgos recrearon hoxe o itinerario que supostamente fixeron o 9 de abril de 2016, o día que o seu compañeiro Celso Blanco apareceu morto na comisaría de Ourense cun tiro na cabeza. É unha nova dilixencia solicitada pola xuíza que instrúe o caso para saber se a versión de Bernardo e Roy Deprado coincide coas localizacións rexistradas polos seus móbiles.
Os irmáns investigados por homicidio insisten en que non se atopaban na comisaría a tarde que faleceu Celso, a defensa e tamén o Ministerio Fiscal solicitan o sobresemento da causa ao considerar que non hai probas que sosteñan que foi un crime.
Pola súa banda, o avogado da familia do policía falecido nega que se suicidase e pide que se siga investigando. A xuíza ampliou a instrución 15 meses máis, non lle cadra a posición do cadáver e a traxectoria do disparo e sostén que foron presuntamente os irmáns os que mataron o seu amigo para encubrir o roubo de armas na comisaría e os anónimos.

Este mesmo mes os xemelgos presentaron unha querela ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pendente de admisión, por seis delitos contra a xuíza, din que a súa actuación foi irregular durante a tramitación das dilixencias.
Hoxe a maxistrada solicitou que se gravase o percorrido para continuar coas pescudas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/01/2020

Máis sobre Ourense