CRTVG

Buscar

Os policías din que viviron situacións límite durante os disturbios

Publicado o 21/10/2019 13:01

Disturbios nas rúas de Cataluña: os axentes din que "nunca viran nada igual". O balance deixa 199 detidos e 289 policías feridos nunha semana. En concreto, desde o pasado luns, os Mossos d'Esquadra detiveron 157 persoas; a Policía Nacional, 34, e a Garda Urbana de Barcelona, oito.

Dos 199 detidos, 92 foron arrestados en Barcelona, 27 en Xirona, 37 en Tarragona e 43 en Lleida.

Paralelamente, durante as protestas iniciadas o luns da pasada semana, tras a sentenza do Tribunal Supremo aos líderes independentistas, un total de 289 axentes quedaron feridos: 154  mossos d' Esquadra, 134 policías nacionais -un deles en estado moi grave- e un garda urbano.

Un total de 236 policías quedaron feridos en Barcelona, 19 en Xirona, 17 en Tarragona e outros 17 en Lleida.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019