CRTVG

Buscar

Os polbeiros preparan a súa volta ás feiras

Publicado o 07/05/2020 14:53

Roberto tiña previstos para este verán 22 eventos. 18 xa foron cancelados. Dende hai case dous meses non pode poñer o seu posto nas rúas ou nas feiras.

"A situación a verdade e que é unha incereza, porque tampouco realmente sabemos os pasos que se deben seguir e o que podemos ou non facer. Agora parece ser que lle derivaron as competencias a cada concello, co tema do polbo, entón cada concello decide un pouquiño como vai proceder.

A vindeira semana xa teñen marcadas na axenda as feiras de Xinzo, Ourense e O Carballiño.

"Aquí o 16 xa se pode poñer, porque estamos distanciados, en cada rúa damos as medidas, entón o 16 aquí xa teñen feira. Claro, todo depende do que saia o día 11 publicado, pero penso que non imos ter problema nesta e noutras feiras, que onde poidan xa van ir abrindo".

Pero o certo é que volverán o traballo de xeito moi diferente ao habitual.

"Xa nos fomos aprovisionando tanto de máscaras como de xeles desinfectantes, mesmo algúns fixeron algún panel protector para poñer diante do seu posto".

A situación da hostalería é outra das súas preocupacións, non saben aínda como lles pode afectar. Din que non poden máis que agardar que todo mellore, pero economicamente dan o ano por perdido.




 

Noticias web

07/05/2020