CRTVG

Buscar

Os pequenos empresarios emiten vales para trocar cando pase esta crise

Publicado o 12/04/2020 21:14

PARA TROCAR CANDO ESTA CRISE PASE.../EMPRESARIOS DE LUGO EMITEN VALES CON DESCONTO Hai case 40 anos que abriu este comercio de menaxe. Estamos no Campo Castelo, en Lugo. Igual ca os máis, os seus donos nunca creron acordar unha crise coma esta. Pero aquí estamos e hai que resolver, por iso pensaron nunha iniciativa coa que intentar mover algo o comercio.

Alberto López, xerente de Ajuar decoración

É dicir, que se un merca agora dende o meu domicilio unha manta, por exemplo, terá un desconto dun dez por cento ao ir recollela en forma de vale cando se abra o comercio. Unha iniciativa semellante á que fixeron neste bar que abriu hai pouco máis de dous meses na zona da Milagrosa, tamén en Lugo.
Se un merca unha cervexa hoxe dende o seu domicilio, cústalle un euro cincuenta, cando o seu prezo normal é de dous euros. Cando o bar volva abrir para o público, un poderá degustar esa cervexa no bar.

Javi Serén, propietario Dotmas bar

Son iniciativas con que lembrarlles aos clientes que os pequenos negocios seguen aí, loitando por saír desta.

A vontade e as ganas de tirar para adiante moven estes emprendedores a intentaren superar este cisne negro.

Noticias web

12/04/2020