CRTVG

Buscar

Os pensamentos dos republicanos presos en Oia da parede ao papel

Publicado o 16/11/2019 15:19

Os presos republicanos debuxaron nestas paredes do Mosteiro de Oia, con lapiceiro, pensamentos, frases, esceas e moitos calendarios onde ían descontando días de cadea.

O propietario actual do Mosteiro, por sorte historiador, concebiu esta mostra como unha homenaxe á memoria dos máis de 5.000 presos, todos rapaces ou homes moi novos

Durante a inauguración da mostra exhibiron un vídeo de Joan Salvador, un dos últimos supervivintes. Lembra todo aquelo con detalle pero non garda ningunha imaxe boa daqueles tempos nos que era un meniño republicano con fame, frío e medo nun campo de concetración franquista en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/11/2019