CRTVG

Buscar

Os peiteadores reclaman no seu día internacional un IVE reducido

Publicado o 25/08/2020 21:15

Foron a salvación para moitas persoas despois dos experimentos que fixeron durante o confinamento co seu cabelo. Os peiteadores están presentes na nosa vida. Un oficio que se converte nunha paixón.

Son uns grans confidentes e aliados, por iso confiamos neles.

Coa chegada da pandemia, os peiteadores convertéronse nun gremio protagonista e púxose en valor esta profesión que tanto botaron de menos os consumidores.

Coa chegada do coronavirus están vivindo un dos seus momentos máis complicados.

No Día Internacional dos Peiteadores, este gremio reclama un IVE reducidio e seguir coidando do noso cabelo.

Noticias web

25/08/2020