CRTVG

Buscar

Os pediatras galegos, preocupados polo aumento dos trastornos do espectro autista

Publicado o 04/10/2019 21:14

O repunte do xarampelo por non vacinar algúns nenos ou o incremento dos trastornos do espectro autista son algunhas das principais preocupacións dos pediatras galegos, que celebran en Ribadeo o seu congreso anual. No caso dos TEA, o aumento da frecuencia vén dado sen unha explicación concluínte. Manuel Silveira, xefe de Pediatría do Hospital da Mariña:"A causa non se sabe. Causas posibles? Falouse das vacinas, pero está descartado. Se algo podemos dicir agora é que as vacinas non son, pero non sabemos exactamente por que están aumentando. Tamén se di que agora se diagnostican máis. Diagnostícanse mellor, pero non por iso aumentaron os casos."

Un dos relatorios máis esperanzadores estivo centrado nos últimos avances no tratamento da atrofia muscular espiñal. Jesús Eirís, neuropediatra: "Era unha doenza incurable ata hai pouco tempo, pero agora temos a posiblidade de cambiar por completo o curso desa enfermidade mediante unha serie de tratamentos que foron emerxendo nestes últimos anos. Os nenos que podían morrer no primeiro ano de vida ou pouco despois poden vivir agora cambiando esa forma de evolución que ían ter eles se non se tratasen."

O congreso da Sociedade de Pediatría de Galicia, que foi inaugurado polo conselleiro de Sanidade, congregou máis dun cento de especialistas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/10/2019