CRTVG

Buscar

Os partidos políticos teñen ata o 2 de marzo para presentar candidaturas

Publicado o 10/02/2020 21:10

O decreto de convocatoria electoral que asina o presidente da Xunta publicarase este martes no Diario Oficial de Galicia. A partir de agora ábrense unha serie de prazos; o máis inmediato para os partidos, o da elaboración das candidaturas. Deberán presentarse entre o 26 de febreiro e o 2 de marzo. Faranse públicas dous días despois, o 4 de marzo. E a proclamación definitiva por parte da Xunta Electoral será o 9 de marzo.

A campaña electoral, como é tradiciónal, desenvolveranse nas dúas semanas previas aos comicios. Nesta ocasión, entre o venres 20 de marzo e o venres 3 de abril.

A xornada de reflexión do sábado seguinte leva ata a data dos comicios, fixada para o domingo 5 de abril. O novo Parlamento de Galicia que saia das eleccións autonómicas debería constituírse un mes despois, o 5 de maio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/02/2020