CRTVG

Buscar

Os partidos independentistas queren pactar unha postura común para a investidura

Publicado o 15/11/2019 21:16

Con Ciudadanos instalado no non a Sánchez, os independentistas cataláns teñen a chave da investidura. O PSOE téndelles a man, e pídelles sentido de Estado para que polo menos se absteñan. A cambio ofrécenlles diálogo, pero sen concretar detalles.
Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, "seguir fomentando o diálogo en Cataluña, e fronte ás fórmulas do pasado farao coas garantías do futuro: con entendemento, encontro e convivencia. Fai falta sentido de Estado, e iso é o que hoxe reclamamos"
Junts per Cataluña proponlles a Esquerra Republicana e á CUP un cumio para consensuar a investidura. De momento, din, non hai ningunha oferta dos socialistas que lles faga pensar en apoiala.
Quen si que está disposto a facilitar o goberno do PSOE con Unidas Podemos é o PNV. Tamén o deputado do Partido Rexionalista Cántabro, pero pon como condición que non haxa pactos cos independentistas cataláns e vascos.
A semana que vén, os socialistas reuniranse co BNG e cos canarios. Apuran os contactos, porque, segundo din, Pedro Sánchez ten empeño en formar goberno antes do Nadal.

Noticias web

15/11/2019