CRTVG

Buscar

Os partidos destacan a vontade do presidente da Xunta de escoitalos para fixar a nova das eleccións cando a lei non o obriga a facelo

Publicado o 17/03/2020 20:05

Tras a reunión co presidente da Xunta, os partidos aplauden o consenso para anular as eleccións coa máxima seguridade xurídica. Todos coindicen tamén en que teñen que celebrarse cando estea superada a crise sanitaria. E destacan ademais o compromiso do presidente da Xunta de escoitar o resto de partidos para fixar a nova data cando a lei non o obriga a facelo.

"Todas as forzas políticas consensuamos que introduce unha novidade respecto da lexislación que di que o presidente non ten que consultar o resto de organizacións políticas. Detrás deste acordo hai a vontade de ter o máximo consenso en cando se van celebrar as próximas eleccións", di Ana Pontón, voceira nacional do BNG.

"A mellor da novas é que vaia ser por consenso do conxunto das forzas representativas do país como se reinicie a convocatoria electoral unha vez superada a crise do coronavirus", asegura Antón Gómez-Reino, de Galicia En Común-Anova Mareas.

"Traballamos con esa vontade cooperadora para acadar un novo tempo e un novo calendario. Estamos abertos á solución cooerativa mellor para todos e para todas porque a prioridade é a loita contra o coronavirus", apunta Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.

Noticias web

17/03/2020