CRTVG

Buscar

Os partidos de centrodereita, a prol dunha única fórmula para acatar a Constitución

Publicado o 22/05/2019 19:48

Albert Rivera foi o máis belixerante contra a nova presidenta do Congreso. Considera que Batet debeu impedir as fórmulas de acatamento da Constitución utilizadas por Junqueras e os outros políticos independentistas presos.

Albert Rivera, presidente de Ciudadanos: "Que é a que ten que protexer o decoro da cámara. España é unha democracia, non unha ditadura, e non se pode permitir nunha intervención tras outra escoitar que en España hai presos políticos.

Vox pide unha fórmula pechada de acatamento. O Partido Popular xa presentou unha iniciativa nese sentido.

Pablo Casado, presidente do PP: "Unha iniciativa lexislativa para que o acatamento da Constitución se basee estritamente na previsión legal. Que non haxa nin fórmulas creativas nin ofensivas contra a legalidade".

Meritxell Batet, presidenta do Congreso: "Se os grupos parlamentarios o consideran ese debate pódese producir durante esta lexislatura. O que temos hoxe, e polo tanto, o aplicable hoxe é o regulamento da cámara e a xurisprudencia do Tribunal Constitucional".

Batet referiase á sentenza que lle deu validez a fórmula utilizada en 1989 polos tres parlamentarios de Herri Batasuna. Foron os primeiros en acatar a Constitución por imperativo legal. Botáronos do Congreso, pero o Tribunal Constitucional devolveulles a súa condición de deputados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/05/2019