CRTVG

Buscar

Os partidos adiados por mor dos temporais disputaranse o 8 de xaneiro

Publicado o 26/12/2019 21:17
Os partidos adiados por mor dos temporais disputaranse o 8 de xaneiro

Os partidos adiados por mor dos temporais disputaranse todos o vindeiro mércores 8 de xaneiro. O Celta B-Real Madrid Castela de liga, suspendido o sábado pasado, xogarase na Madroa ás 15.45; e o Pontevedra-Eivisa de Copa será ás 20.30. Deste partido chegáranse a xogar 15 minutos, pero volverá xogarse desde o comezo.

Ademais, hai que salientar o Mérida-La Nucía de Copa porque dese partido sairá o vindeiro rival do Celta na Copa do Rei. Este partido tamén se xogará o mércores 8 de xaneiro ás 20.30.

Noticias web

26/12/2019