CRTVG

Buscar

Os panadeiros reparten 12.000 racións de empanada en Carral

Publicado o 05/09/2019 20:41

Nos seus inicios, a Festa da Empanada comezou como un concurso que co paso do tempo se converteu nunha gran cita gastronómica para dar a coñecer este afamado produto do concello de Carral.

No campo da feira, os cinco panadeiros que participan este ano na festa agardan bater a marca do ano pasado, en que se repartiron unhas 12.000 racións de empanada das máis diversas variedades, desde as tradicionais empanadas de atún ou bacallau ata as de polbo ou zamburiñas.   

Carral é terra de panadeiros. Cinco dos obradoiros de pan do concello levan días traballando para despachar o maior número de produto na súa Festa da Empanada, que fai corenta e seis anos de tradición. Se sona ten o pan de Carral, non é menos a da súa empanada, que garda no interior o seu maior segredo.

Repartiranse máis de 12.000 racións, cos ingredientes máis variados, ao gusto de todos os padais. A Festa da Empanada serve este ano de antesala das Festas do Socorro de Carral da fin de semana.






 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/09/2019