CRTVG

Buscar

Os pais de dúas xemelgas cunha enfermidade rara entregan 30.000 euros ao CHUS

Publicado o 13/03/2019 20:03

Os pais de dúas nenas xemelgas con heteroplasia ósea progresiva, doan 30.000 euros aos científicos que investigan a enfermidade. O diñeiro recadouse a través da Asociación que leva o nome da doenza e este mércores entregouse no Hospital Clínico de Santiago. No mesmo acto proxectouse un documental sobre a enfermidade.

O pai de Cayetana e Celia facía entrega este mércores de 30.000 euros destinados á investigación de enfermidades como a que padecen as súas fillas. A heteroplasia ósea progresiva provoca que as partes brandas do organismo se transformen en óso, o que inmobiliza progresivamente o corpo.

A investigación é o primeiro obxectivo da Asociación Galega de Heteroplasia Ósea Progresiva constituída hai tres anos. O segundo é que se visibilicen esta e outras enfermidades raras, algo ao que de seguro contribuíu Idénticas, gañadora do premio Mestre Mateo 2019 ao mellor documental.
O documental proxectouse este mércores no Hospital Clínico de Santiago, onde atenden estas pequenas e onde se investiga esta enfermidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2019