CRTVG

Buscar

Os Óscar permitirán que sexan candidatas as películas que non se estrearon nos cinemas

Publicado o 28/04/2020 23:35
Os Óscar permitirán que sexan candidatas as películas que non se estrearon nos cinemas

A Academia de Hollywood modificou este martes o regulamento para os Premios Óscar pola crise do coronavirus e aprobou unha excepción que permitirá que as cintas que non se proxectaron en cinemas poidan ser candidatas.

"Ata novo aviso, e só para a 93 edición dos premios, as películas que tiñan planificada unha estrea en cinemas pero que estean dispoñibles antes nun servizo de emisión dixital, streaming, poderán ser elixibles para as categorías de mellor película, os apartados xerais e de especialidade", informou a Academia nun comunicado.

É a primeira vez que os organizadores dos Óscar acceden a esta medida, que deixará de en canto as autoridades federais, estatais e locais permitan a reapertura de cinemas.