CRTVG

Buscar

Os 'okupas' marcharon do chalé da Zapateira, pero deixaron as luces acesas

Publicado o 08/07/2020 15:41

Nesta da Zapateira que se ve na foto xa non habita ninguén desde principios desta semana. Os ocupantes ilegais, tres adultos e dous nenos, apoderáronse dela o pasado mes de maio. Os veciños, en canto souberon do acontecido, denunciaron.

A Xunta ofreceulles á muller e aos seus dous fillos un centro en que vivir.

E alí quedaron dous homes que, a día de hoxe, tampouco están. Iso si, deixaron unha luz acesa as 24 horas do día e estes dous cans soltos flanqueando a porta principal, simulando que seguen no interior.

Os veciños din que é unha práctica habitual entre os ocupantes ilegais que entran en varias casas, pero só habitan nunha delas. Deste xeito queren impedir que entren para botalos e tamén que pase o tempo para poder acadar un acordo cos propietarios para abandonalas por completo.

Os que non marcharon son os desta casa de Perillo, no concello de Oleiros, que nas últimas horas fixeron súas as dúas casas lindeiras, propiedade da mesma familia.

Unha propietaria afectada denunciou o caso para lograr o desaloxo da súa casa. O xuízo estaba previsto para setembro, pero acaba de saber que vai ser xa.

Confían en que a Xustiza os obrigue a desocupar esta vivenda á que chegaron o pasado 26 de xuño.

Noticias web

08/07/2020