CRTVG

Buscar

Os odontólogos detectan un aumento dos casos de bruxismo desde que comezou a pandemia

Publicado o 22/10/2020 21:44

A situación de estrés derivada da pandemia pode afectar tamén as nosas dentaduras. De feito, os odontólogos están a detectar un aumento do bruxismo que deriva no desgaste e en pequenas roturas das pezas dentais. Estes especialistas calculan que o incremento de casos de bruxismo é do 15 por cento desde que comezou a pandemia.

"Unha das cousas que temos que facer é canto antes regular o sono. Estamos durmindo moitisimo peor, durmimos menos horas, primeiro polo estrés e a incerteza e a fase de sono profundo fai que o incremento do bruxismo desencadee ao cabo do día pequenas roturas dentais, aumento da salivación", di o presidente do Colexio de Odontólogos da Coruña.

Para os odontólogos, a utilización da máscara durante tantas horas tamén pode afectar, dalgún xeito, a dentadura. "É dicir, colocamos a máscara coa boca con movementos mandibulares para adaptala á nosa boca, e isto desenvolve unha serie de parafuncións articulares que ao longo do día incrementan o bruxismo, tanto diúrno como nocturno", sinala o presidente do Colexio de Odontólogos da Coruña.

Ademais, unha postura axeitada á hora de traballar, cunha columna aliñada e unha mandíbula relaxada son medidas clave para evitar apertar os dentes e as tensións posteriores sobre a mandíbula.

Noticias web

22/10/2020