Os ocupantes ilegais dunha vivenda en Vigo denuncian os propietarios por ameazas e insultos
Nuria e Miguel chegaban aos xulgados de Vigo nerviosos e visiblemente angustiados.
O xuízo celebrouse de forma moi rápida e a porta pechada. Amais dos avogados, estiveron presentes os denunciados e o denunciante, é dicir, a parella da ocupante ilegal que non apareceu por estes xulgados. A súa declaración, segundo o avogado da defensa, estivo chea de contradicións.
E despois da vista, onde a parte denunciante non quixo falar cos medios de comunicación, volveron as bágoas e a emoción para esta parella.
Porque xa levan meses padecendo unha situación que se complica para eles. Nuria e Miguel, cunha filla de 9 anos, están en paro.
Aínda non hai data para o seu desafiuzamento nin para o seu xuízo para poder recuperar a súa vivenda. En dez días coñecerán a resolución desta vista coa esperanza de que os ocupantes ilegais abandonen a vivenda neste tempo. De feito, facilitáronlle á xuíza outra dirección para poder recibila.