CRTVG

Buscar

Os novos donos de Albo investirán 25 millóns de euros nunha nave da Plataforma Loxística en Salvaterra-As Neves

Publicado o 03/05/2019 14:28

25 millóns de euros para construír unha nave nunha parcela de 70.000 metros cadrados. Son as cifras da expansión dos novos donos da histórica conserveira viguesa Albo, o grupo asiático Bright Food, que só na China conta con 100.000 puntos de venda.

Á falta de trámites internos, Albo será a primeira inquilina da plataforma loxística de Salvaterra-As Neves despois de case dúas décadas en obras.

A Xunta, a Zona Franca e o Porto de Vigo son as entidades promotoras da maior área de solo industrial de Galicia, con 4 millóns de metros cadrados de superficie. 

Noticias web

03/05/2019