CRTVG

Buscar

Os nenos e adolescentes teñen menor probabilidade de ter un caso grave de covid-19

Publicado o 28/08/2020 20:39
Os nenos e adolescentes teñen menor probabilidade de ter un caso grave de covid-19

Os nenos e os adolescentes teñen menos probabilidade cós adultos de ter un caso grave de Covid-19. Tamén teñen menos risco de morte debido á enfermidade. Así se tira dun estudo dirixido polas universidades de Edimburgo e Liverpool coa colaboración de 138 hospitais británicos. Segundo o informe, de todos as persoas ingresadas só un 1% eran rapaces. E dos 650 cativos que chegaron a hospitais só 6 faleceron. Todos tiñan enfermidades graves previas.

Noticias web

28/08/2020