CRTVG

Buscar

Os nenos asmáticos son os máis propensos á gripe e os médicos insisten nas vacinas

Publicado o 26/01/2018 14:48

A gripe aumenta as visitas dos nenos asmáticos a urxencias. Por iso os pediatras insisten na importancia de vacinar este grupo de risco.

Os nenos asmáticos son os máis propensos a contraer a gripe. Ter unha inflamación crónica nas vías respiratorias fainos máis vulnerables ao ataque do virus, que pode producir complicacións graves sobre este grupo de risco.

Por iso os pediatras recomendan vacinar contra a gripe os nenos asmáticos de máis de 6 meses. Segundo os últimos estudos, a vacinación podería reducir ata nun 78% as visitas a urxencias por crises de asma. 

Ademais é imprescindible que estes nenos cumpran o seu tratamento preventivo ao longo de todo o ano. E nestes meses de maior actividade da gripe extremen a hixiene e eviten o contacto con persoas enfermas e cos espazos non ventilados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/01/2018