CRTVG

Buscar

Os músicos loitan contra o coronavirus

Publicado o 01/04/2020 21:58

Camiñar pola travesía do coronavirus, é o Canto á vida da artista malagueña Vanesa Martín, con el colabora coa Cruz Vermella e coa loita contra a COVID-19. Cada nota pensa nos sanitarios, pero tamén nos nosos maiores.

A música nunca faltou, moito menos se tiña que soar para un aniversario desde dentro pero para todos.

Naceron himnos que levaban décadas con nós, renaceron como se lles desexa que renazan a todos os que hoxe senten a vulnarabilidade desde os hospitais ou desde o interior das súas casas. Himnos como este de Los Secretos ou o xa omnipresente Resistiré do Dúo Dinámico. Os dous acaban de ceder os dereitos para a Comuninade de Madrid, a que hoxe máis axuda precisa.

Uns ceden os dereitos e outros, máis de 30 artistas españois, combaten o coronavirus interpretando o Resistiré. A música, a súa mellor arma.

Noticias web

01/04/2020

Máis sobre actualidade