CRTVG

Buscar

Os mozos galegos son os españois máis afeitos a mercar a través da Rede

Publicado o 03/04/2019 22:55

Galicia estase a incorporar dun xeito cada vez maior a Internet e, de feito, os nosos mozos son dos máis afeitos de toda España a mercar a través da Rede. Segundo un informe da Fundación Telefónica, máis do 40% da poboación mercou algun produto ou servizo na Rede nos últimos tres meses, o que supón un crecemento de case o 26% respecto ao ano pasado, fronte ao 8,8% no resto do Estado. 

Aos mozos galegos tíralles comprar en Internet de xeito habitual mais ca a media da poboación española. As novas tecnoloxías para mercar non teñen segredos para o 62% dos mozos de entre 16 e 24 anos, oito puntos máis que no resto de España.

O 82,6% dos fogares galegos teñen contratados Internet, e o seu uso é practicamente universal entre os menores de 34 anos. O que salienta o informe é que aumentou moito o uso de Internet en maiores de entre 65 e 74 anos. Malia os datos, moitos son fieis ao comercio tradicional.

A xeración móbil 5G xa é unha realidade, e da súa man vén a chamada Xeración Mute, a que prefire a mensaxería instantánea no canto da chamada telefónica tradicional.



 

Noticias web

03/04/2019