CRTVG

Buscar

Os Mossos pechan o recinto do Parlament polos altercados

Publicado o 11/09/2019 21:14

Unha concentración ante o Parlamento catalán durante este mércores pola tarde causou altercados por lanzamento de botes de fume e rochas aos Mossos d'Esquadra, que dispuxeron un cordón policial e valos a uns metros da fachada.

A primeira liña da concentración ocúpana, pegados aos valos, activistas que van encapuchados, e os Mossos d'Esquadra pediron por altofalante que esta parte dos concentrados depoñan a súa actitude. 

Sobre as 20.00 horas, a policía avisou por altofalante do peche do recinto do Parlamento catalán, no parque da Ciutadella de Barcelona, por mor dos incidentes na mobilización, en que se berra 'Queremos entrar no noso Parlament' e séguense lanzando obxectos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/09/2019