CRTVG

Buscar

Os móbiles Huawei: a última ferida da guerra comercial entre A China e os EUA

Publicado o 20/05/2019 08:47
Os móbiles Huawei: a última ferida da guerra comercial entre A China e os EUA

Intel e Qualccomm únense ao veto a Huawei. A empresa chinesa de telecomunicacións, provedora dun de cada tres móbiles que se venden en España, queda sen as actualizacións do sistema operativo Android, e os seus terminais corren risco de quedar obsoletos no medio prazo. O xigante chinés di que prevía esta posibilidade e que está preparado.

A última ferida da guerra comercial entre A China e os Estados Unidos está no bolso e no peto dun de cada tres españois. Os móbiles Huawei non poden acceder ás actualizacións de Android, o seu sistema operativo, despois de que a empresa Google suspendese todos os negocios que requiran transferencias de sofware e hardware co xigante chinés.

A decisión de Google, á que hoxe se unen Intel e Qualcomm, ven motivada por esta orde do presidente Trump, que declarou o mércores pasado unha emerxencia nacional para protexer as redes de telecomunicacións estadounidenses, no medio de acusacións de espionaxe e xusficando que Huawei e o exército chinés se estarían aproveitando das vulnerabilidades da tecnoloxía de telecomunicacións dos Estados Unidos.

Huawei é o segundo vendedor de móbiles en España, só por tras de Samsung, e é provedor de redes de banda ancha para Telefónica, Vodafone, Orange e MasMóvil. Se se mantén a prohibición de acceder ás aplicacións das actualizacións de Android, os móbiles Huawei poderían quedar obsoletos no medio prazo, agás os cubertos por licenzas de código aberto. O que sucederá é unha incógnita. A resposta do xigante chinés é que levaba tempo esperando unha medida deste tipo. En Huawei din que están preparados.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/05/2019