CRTVG

Buscar

Os menores de 21 anos poderán viaxar de balde nos autobuses interurbanos

Publicado o 01/01/2020 15:18

Os mozos que volvían a casa despois de celebrar o fin de ano foron os primeiros en beneficiarse da extensión da gratuidade da tarxeta xente nova. Dende hoxe todos os menores de 21 anos que teñan esta tarxeta poderán utilizar de balde os autobúses interurbanos dentro das áreas metropolitanas. A medida foi moi ben acollida entre os rapaces que superaban os 18 anos, que ata hoxe era a idade límite para beneficiarse de esta gratuidade.

Á compoñente económica hai que engadir tamén unha vertente educativa, xa que con esta ampliación da gratuidade facilítase o transporte a mozos que xa remataron a formación obrigatoria. A iniciativa tamén ten un compoñente medioambiental xa que fomenta o uso do transporte público entre os máis novos.

A Xunta ten previsto ampliar de xeito progresivo a gratuidade das viaxes interurbanas a todos os concellos galego este mesmo ano. Os potenciais beneficiarios pasarían de 55.500 a máis de 370 mil.

Noticias web

01/01/2020