Os mellores espectáculos teatrais, en Galicia Escena Pro, ata este xoves
Publicado o 11/06/2019 12:59
Galicia Escena Pro comezaba o luns con montaxes de diferente calado como a infantil Mai mai, da laureada compañía infantil Baobad Teatro, ou de Liberto, da nova compañía Marelas, que trata o tema da morte sen rodeos.
O programa continúa con Deixa de tocala Sam, un diálogo entre a actriz Avelina Pérez e o músico Velpister. Hai dúas estreas absolutas: Circopeta, da compañía de percusionistas Odaiko e Evolution, da compañía N1, que tamén se encadra dentro do xénero circense.
Ata este xoves temos unha oportunidade de ouro para testar o momento actual do teatro galego.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 16:29