CRTVG

Buscar

Os médicos galegos contan cunha nova ferramenta na loita contra o virus

Publicado o 09/08/2020 15:13

Os médicos galegos contan cunha nova ferramenta na loita contra o virus da covid-19. Poderán consultar na historia electrónica a información sobre os contactos relacionados cos seus pacientes.

Trátase dunha rede integral de seguimento do virus que se reflicte nos datos electrónicos de cada cidadán. Os facultativos poderán monitorizar nela non só o doente da covid-19 tal e como viñan facendo, senón que disporán da mesma información sobre os casos sospeitosos e os contactos estreitos relacionados con el. Un procedemento que permite actuar con maior celeridade.

Noticias web

09/08/2020