CRTVG

Buscar

Os médicos de Atención Primaria cuestionan o plan do Goberno para estabilizar o emprego

Publicado o 13/05/2019 16:05

Os médicos de Atención Primaria cuestionan o marco estratéxico proposto recentemente polo Ministerio de Sanidade. Principalmente por unha razón. Non acaba de concretar as necesidades de financiamento. Valoran as melloras na estabilidade do emprego e as condicións laborais. Pero sen cartos, din, non será posible cumprilas.

O Foro de médicos de Atención Primaria si pon números. Precisarían 4.350 millóns de euros nos próximos cinco anos. E que como mínimo que o 20% do presuposto sanitario se dedique á Atención Primaria. É a forma de garantir a asistencia de calidade aos cidadáns.

Valoran positivamente as propostas de mellora da estabilidade do emprego que recolle o marco estratéxico. Pero sen cartos non se pode cumprir. O sector, aseguran, soporta unha sobrecarga laboral. O 45% dos profesionais supera o límite, 1.500 pacientes asignados. Piden tamén ás comunidades autónomas que prioricen a contratación de pediatras.

No 2030, aseguran, en España necesitaranse 6.000 médicos de Atención Primaria. Dende o foro queren agardar a que pasen as eleccións autonómicas e se forme novo Goberno. Despois non descartan mobilizacións.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/05/2019