CRTVG

Buscar

Os mariscadores de a pé que non traballaron polo virus xa poden pedir axudas da Xunta

Publicado o 14/08/2020 10:59

Os mariscadores de a pé que non traballaron polo virus xa poden solicitar as axudas da Xunta por inactividade.

Son máis de 5 millóns douscentos mil euros aos que poden optar 3.777 profesionais.

O 75% dos fondos son achegados pola Unión Europea e o 25%, polo Goberno autonómico.

As axudas, que oscilan entre os 57 e os 91 euros diarios, cobren a inactividade entre o 16 de marzo e o 30 de xuño, e para acceder ás mesmas os profesionais deben demostrar que traballaron polo menos 120 días nos últimos dous anos.

As solicitudes deben presentarse antes do 14 de setembro por medios telemáticos.

Noticias web

14/08/2020