CRTVG

Buscar

Os mariscadores da ría de Ferrol piden solucións que garantan o emprego

Publicado o 09/10/2020 13:57

As confrarías de pescadores e mariscadores da ría de Ferrol anuncian mobilizacións e protestas. Pídenlles ás administracións autonómica e estatal solucións para recuperar a actividade na ría. Esixen acceder a axudas por paro biolóxico, tras a aparición do parasito Perkinsus, que os deixou sen capturas.

Aseguran que están nunha situación límite. Reclaman un plan de rexeneración que inclúa todos os socios das confrarías de Ferrol, Barallobre e Mugardos.

Noticias web

09/10/2020