CRTVG

Buscar

Un morto e 250 feridos en violentas protestas en Beirut contra a clase política

Publicado o 08/08/2020 19:07

Manifestantes e policía enfrontáronse fronte o Parlamento na capital do Líbano, Beirut, pouco despois de comezar unha protesta de milleiros de persoas que esixían a dimisión das autoridades despois da explosión do martes no porto da cidade que deixou máis de 150 mortos e 6.000 feridos. Un grupo de persoas asaltou o ministerio de Exteriores para erixilo como centro da revolución e reclamar que as autoridades abandonen os seus asentos no goberno.

Os participantes nas protestas que bautizaron a xornada como o "día da Ira" entraron en catro ministerios e noutros edificios con saqueos e incendios e intentaron sen éxito  tomar o Parlamento, na manifestación máis agresiva contra os políticos nos últimos nove meses de protestas.

Antidisturbios con gases lacrimóxenos e manifestantes con pedras enzarzáronse nunha violenta batalla campal na praza dos Mártires, no centro de Beirut, que deixou un policía morto nunha caída nun hotel atacado por alborotadores cando asistía a persoas retidas polas lapas, e a Cruz Vermella informou de 250 feridos dos que 65 precisaron atención en hospitais.


Francia e a ONU organizan este domingo a conferencia internacional de apoio ao Líbano vía telemática na que participa entre outros líeders mundiais o presidente do goberno español, Pedro Sánchez.

 O primeiro ministro libanés propón comicios anticipados para saír da crise

Hasan Diab, primeiro ministro do Líbano, dirixiuse á nación ante a vaga de protestas para anunciar que vai propoñer o luns que se convoquen eleccións anticipadas. Asegurou que está disposto a tomar a responsabilidade durante dous meses, sempre que se emprendan reformas estruturais para salvar o país. Ante o incremento da indignación despois da explosión no porto, Diab asegurou que os responsables do desastre responderán pola traxedia e que a investigación non vai tardar tempo. 


 

Noticias web

08/08/2020